10.4.08

Lévame alí

Lévame alí,
quero engulir o silenzo
de Abu Simbel.
Sentir de novo
as nosas pisadas
no templo de Ramsés,
ser para tí Nefertari
outra vez.
Bicar o vento,
acadar a lúa
na inmensidade
da noite núa.
Baixo as estrelas,
eu canda tí...


Nilo

O tépedo ar
doura os rostros
coma outrora.
As farturentas
terras das ribeiras
resprandecen de vida.
Unha faluca escribe
versos sobor das
vellas augas
do vello pai Nilo.
A miña man
sinte a súa anterga
humidade,
coma tantas outrora.

Colombina



Colombina
Oleo sobre lienzo de Ángela