Mostrando entradas con la etiqueta Barrañán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barrañán. Mostrar todas las entradas

22.5.07

Dunas

Barrañán
de fortes mareas e vento recho.


Barrañán
de escume áureo pintando as ondas.

Barrañán
donoso area berce de dunas.

No infinito


As ondas do mar bravío
agarimoso son,
os lixeiros pés amantes


bicando a area,


e no infinito o sol.

Salitre



Arrecendo de salitre
no ar i en nós.

Mais o mar, que vén e vai
batendo os cons,
celme de sal.

Pegadas

As nosas pegadas na morna area,
vieiros efímeros,
Mais o mar que vén e vai
é bico eterno
dende a noite dos tempos.

25.11.06

Barrañán


Barrañán
de fortes mareas
e vento recio.

Barrañán
de escume áureo
pintando as ondas.

Barrañán
donosa area
berce das dunas.

18.11.06

Barrañán!



Buscádeme na beiramar
alí, entre os canavais
e as dunas mutantes,
onde o sol recio e forte
rí brincando nas vagas.


Seguide as miñas pegadas
lenes, na morna area,
efímeras, errantes,
alí, onde as ondas cantan...

Ba-rra-ñán!