27.4.18

Primavera



Es una fría mañana de primavera,  el cielo grisáceo parece querer dejar paso a unos tímidos rayos de sol, miro al Orzán,  no acaba de vestirse de azul.
 Estoy cansada del  invierno, ha sido tardón pero ahora no quiere marcharse. Pese a todo, me pongo mi cazadora  primaveral,  para que se vaya enterando ese cielo gris, y  salgo a dar un paseo,  tengo ganas de oler y sentir la brisa del mar.
Allá me voy decidida con  mi música, ahora me acompaña mi vieja  amiga Mercedes, Sosa, por supuesto….
Apuro el ritmo,  Mercedes  me  cuenta que mañana se va p’al norte a cantarle a los norticos…  Ya siento la brisa en mi cara,  la ¿brisa…? Tremenda bofetada, ¡todos los vientos del Orzán han salido  a saludarme!  
Yo soy una mujer decidida, y he resistido vientos del Orzán, matutinos, vespertinos, y nocturnos.
Has dicho que vas a pasear por el Orzán  hasta la Torre, ¡fuerza de voluntad, sigue!  Se enfada mi  otra yo,  que a veces se queja de mi pereza,  ¿te vas a asustar  por un airiño de nada?
Mercedes canta Gracias a la vida… y yo también le doy gracias a la vida y a ella que me ha hecho tan feliz con sus canciones.
Llena de remordimiento, sigo,  miro  a las Catalinas, se ríen de mí:
-Nena,  ¿a onde vas?  ¡As da Coruña estades tolas!
Apuro el paso,  toda encollidiña,  cheíña de frío”,  cantan ahora mis queridas pandereteiras de Baio, aquello era una galerna… 
Doy la vuelta por la Cormelana,  al recordar algo importante,  aunque sea una mujer decidida,   para pasar a  Ponte da Baio de madrughada, necesito con urgencia una bufanda.
Está acabando el invierno, no voy a comprar una, ¿verdad? Sería un consumismo imperdonable en mí, quita,  me acerco hasta casa a buscarla y bajo otra vez. ..

2.2.15

Lembranzas

Ao pasar por Panadeiras, 
pasei cantando,
as nenas de Panadeiras
quedan na rúa xogando.

O que pasa Panadeiras
pasa A Coruña toda, 
por ver dende os Pelamios
xogar o mar coa Marola.

Ao pasar por Panadeiras,
pasei cantando,
as nenas de Panadeiras
quedan na rúa bailando.


.... o ...


Baixei de Cartuchos
canda meu amor. 
baixei de Cartuchos
ata a rúa Real

Por ir meu amor, 
collidos da man,
dende Cartuchos
toda á rúa Real.


... o ...






26.11.14

De nubes




Ceo nubrado,
a vella tece arcos.
Non chove nos nenos...

8.1.13

Vira


Vira que vira, 
virando,  sempre ao sol mirando
fermoso espía.

28.12.12

Inverno

                                             Estamos no inverno,                                 
                                 pero no monte resíste a primavera.

Aventura


Ao ver esta fotografía escapei á nenez. 
Lembras cando queriamos embarcar rumbo aos mares do sur para salvar a Moby Dick?

Nube Branca


21.12.12

Feliz Nadal


10.1.12

Da man



Camiñar do Portiño a Riazor
o arrecendo do mar
e nos os dous.

A ledicia das ondas do Orzán
estremecendo o ar
e nós os dous.

Sentir  na Roseira
na cara tódolos ventos
e nós os dous.

Mirar no alto da Torre
ata que a terra morre
e nós os dous.

Seguir ata a Marola
camiñar a mar toda
e nós os dous.

5.4.11

16 de noviembre

A Manola

Tus ojos se han ido
a pintar el cielo,
porque una golosa nube
quiso hacerse caramelo.

Y corriendo bajó
a buscar tus luceros,
para que nadie notase
que faltaba azul en el cielo.


Caracola



Recostada en la mar
te acarician sus olas,
mimada caracola.

Te acurrucas y expandes,
como la blanca espuma,
suma de mar y cielo.

Refleja tu luz, la luna,
tu luz que es sólo una,
dulce Coruña

Si quieres

Si quieres que yo te quiera,
no me lo pidas, espera,
tendrás que estar a mi lado
aparcado en mi ribera,
como los álamos y el río,
como el mar y la arena
como el marino y su barco,
la distancia y el silencio,
calor y escalofrío...
Serás para siempre, mío,
eternamente, mi amigo.

En mi balcón

                                                              En mi balcón,
                                                    la luna se refleja dulcemente.

                                                    En mi balcón,
                                                    las flores se mecen lentamente.
                                                    me embriago en su fragancia.
                                                    
                                                    En mi balcón,
                                                    un redivivo recuerdo dormido.

                                                    En mi balcón...
                                                    un silencio estremecido.

13.6.10

Cantiga

Cantiga de amor que trouxo o Orzán


Miñas donas, meus señores,
aquí estamos neste día,
por celebrar os amores
que as ondas do Orzán traían.

Torre morena a doncella,
o galán romeu florido...
As ondas do Orzán levaban
as ondas do Orzán traían.
Naceron fondos amores,
naquelas augas bravías
fixeron trenzas as algas
que ninguén desataría.

As ondas do Orzán levaban,
as ondas do Orzán traían.

Alá no alto de Elviña,
unha estreliña pendura
nesta fermosa noitiña,
por bendicir os amores...

Que as ondas do Orzán traían.

As ondas do Orzán levaban,
as ondas do Orzán traían.


Para o 12 de San Xoán do Ano de Josema e Montse

5.10.09

Cantando como as chicharras...


Para quen pasou pola vida
cantando ao sol
e buscando o norte na Cruz do Sur,
repartindo sorrisos.

Para tí, saudosa amiga,
que iluminache o meu corazón
na orfa noitebra.

Dende o camiño das estrelas.
Mercedes, cantas,
lucente para sempre.
o teu canto de esperanza.

31.8.09

Varsovia





E hai unha Varsovia moderna e animosa que rompe a andar cara o futuro...

29.8.09

Paseo por Varsovia









Unha Varsovia, nova e vella á vez, con grandes prazas, parques e avenidas, rúas estreitas, cores e músicas, con miudezas fermosas por descubrir.
Espazos abertos nos que os ollos andan de vagar mesmo ata o infinito. Sorprende tamén esta liberdade.

Na praza



Hai unha Varsovia antiga, reconstruída, con interesantes monumentos e edificios. 


A cadrangular Praza do Mercado, arrodeada de casas multicolores reconstruídas despois da guerra  e presidida pola Serea paseamos os visitantes con agrado e ela viven as pombas que alleas ao tempo, andan ao seu.


28.8.09

Gueto





Á tardiña, estabamos a descansar nun fermoso parque, queriamos ver a  lembranza do muro que estaría perto de nós e nono situabamos.

Votamos a andar e unhas árbores non querían deixar ver o inesquecible.





 

Varsovia









 




Unha primeira ollada doe, mesmo coma unha labazada na alma. Tantas cousas imaxinadas, as lecturas, os documentais, o cine...
Todo está aquí, neste pequeno paseo iniciático, coma un despertador, miro con ollos despertos mesmo na noite, sabía que sentiría esto, o cravo fondamente cravado, que non debe ser arrincado nunca, nunca máis.

Polonia




Unha pequena viaxe a Polonia, fermoso país que sabe dicir moitas cousas ao corazón.

As medidas dun vagón de tren... punto de partida.

4.5.09

Felicidades mami



A Carmen e Flora

11.2.09

Miré sin ver

En el corazón sentia
aquella espina clavada,
anhelaba en tus ojos
ver el relámpago aquél
que en otros reflejaba.

Esa mirada cómplice
que no necesita palabras,
esa mirada, amiga,
quería y esperaba.

Y, de mirar, la vi un día.
ese relámpago fugaz,
aquel día estalló, mas,
no iba a mí dirigida.

Sabes qué, por ser
la destinataria, yo moriría,
pero, me contuve,
miré sin ver.

Y... arranqué la espina.

31.12.08

Feliz Nadal

15.8.08

Te casas Lara



Te casas Lara,
flor de romero,
luna de Orzán.

¡Que viva la novia,
flor de romero
con luz de estrella!

Nardos y jazmines
dejaron los Magos
para la azucena,
hermoso lucero
que Luz tuviera.

Vistes de blanco
brilla en tus ojos
la luna llena,
de ilusionado
nido de amor.

¡Que viva la novia,
flor de romero
con luz de estrella!

Hoy los luceros
salen de día,
y todos quieren
brillos de sol
por asomarse
a tu balcón.

Un caballero en
corcel moderno,
ante tu puerta
se apuesta ya,
para llevarte
ante el altar.

¡Que viva el novio,
junco del Sar,
campo de estrellas!

Diciendo sí
llenos de amor,
mirando lejos,
dejando atrás
el tú, el yo,
para prender
el nuevo fuego
de vuestro hogar.

¡Que vivan los novios,
junco y romero,
bellos luceros
con luz de estrella!

10.4.08

Lévame alí

Lévame alí,
quero engulir o silenzo
de Abu Simbel.
Sentir de novo
as nosas pisadas
no templo de Ramsés,
ser para tí Nefertari
outra vez.
Bicar o vento,
acadar a lúa
na inmensidade
da noite núa.
Baixo as estrelas,
eu canda tí...


Nilo

O tépedo ar
doura os rostros
coma outrora.
As farturentas
terras das ribeiras
resprandecen de vida.
Unha faluca escribe
versos sobor das
vellas augas
do vello pai Nilo.
A miña man
sinte a súa anterga
humidade,
coma tantas outrora.

Colombina



Colombina
Oleo sobre lienzo de Ángela

25.2.08

Lúa entre os carballos


Entre as núas polas

do vello carballo,

asoma a lúa brincadeira

pàra xogar con nós

rebulideira.

Vinde bailar o son da noite,

vinde bailar o son, axiña,

en febreiriño corto

o baile de agosto,

que esta é a noite miña.


Pícara lúa



A Lúa pícara de inverno

quere música festeira,

nesta noite de febreiro

chama aos músicos

da orquestra...

U-lo baile compañeiros?

4.2.08

Donde la tierra mía

Donde la nueva vida
brilla.
Donde el pájaro
anida.
Donde la luz
ilumina.
Donde la esperanza
duerme.
Donde la paz
dormita.
Donde la dulce tierra
antigua,
se puede decir que es mía.

Vento de London Town




O vento frío vén,

laios trae do Big Ben.

O vento frío vén...

de alá do corazón

de London Town.

As sete e dez

As sete e dez,
vai soar o cuarto
na Berenguela.

Meu amor escribe,
todo vai ben...

7/7/05

22.1.08




Tienes nonbre de música

llena de libertad y ternura,

me dices tanto sin palabas,

das sin cansarte por nada,

pero piensan que no hablas,

que ni siquiera me entiendes...

Mentiras

querido bichito mío,

¡cuántos cosas sabes ya

de mis recónditos secretos!

mi pequeñito del alma,

mi muy querido Jazz.

Velo blanco en el Xalo






Tras los cristales
el Xalo viste
un fino velo blanco,
llueve.



Miles de gotas minimas
Invisibles
flotando en el aire
¿Llueve?



No sé si es este momento
siquiera
alcancen el suelo,
mas presiento
la lluvia invisible



¡Huele!

Saúdos de esperanza

Dende o Orzán
as ondas do mar
pérdense no infinito,
o vento peitea
xogando con elas,
os seus cabelos de escume,
á dereita o faro de Hércules
que xa todo ten visto,
saúda ao seu novo compañeiro
color esperanza do Milenio.


Fronte ao Orzán


Nas ondas do Orzán

a lúa rí namorada,

xoga saltando

dunha vaga a outra.

Asubía mainiño

o vento levando

as ondas a bicar

as vellas rochas

da fonda ensenada.


Ven te vin vella Coruña

bicar á noite

ao despedir o día.

Orient

A tí, que vuelas con mi viento
Había una vez un tren
movido con alas de viento
volaba hacia un destino
de romántico ensueño.

En un pequeño vagón
iba yo rumbo a un oriente
exótico y lejano,
soñando aromas,
colores y formas…

Por delante mil aventuras,
en mis eternas nubes,
ya añorando volver,
por ver de nuevo
el ocaso, a los pies
del faro de Hércules.

Coruña


A mis padres,

a Manuela y a Flora


Coruña ciudad sonrisa,
Coruña ciudad de cristal,
Coruña barquito anclado
sobre las bravas olas de Orzán.

De babor a estribor,
de proa a popa

acariciada por vientos firmes

curtida por la salitre,
navegas niña en tu mar.

Ese mar inconfundible

de aroma embriagador

que perfuma tus rincones

de popa a proa,

de estribor a babor.

21.1.08

Morno sol tempraneiro


E nas vellas roseiras de Sésamo,
as vermellas rosas sorrín
ao morno sol tempraneiro do inverno
que está a petar na porta.

Teño mans atadas


I
Teño as miñas mans atadas,
poida ser que ao outro lado vexa
o xeito de desatalas...

16.1.08

Cantarela de maio






Maio, maio,
cariña de rosa,
maio, maio,
vén á miña porta.

Aí ven o maio
lindo e florido,
aí ven o maio
andando miudiño.

Maio, maio
rosiña encarnada,
maio, maio,
leva a namorada.

Aí ven o maio
ven polo camiño,
aí ven o maio
trae ao meu amigo.

Maio, maio
de fortes recendos,
maio, maio,
de amores feitos.

Aí ven o maio,
ven pola ribeira,
aí ven o maio
cantando na festa.

Voa, meu amor




Voa lixeiro amor, voa lixeiro,
chega ata o mar de lenes ondas,
pero dá a volta,
chega ata as nubes de algodón morno,
pero dá a volta,
eu estou a agardar por ti.

Cando chegues aos altos cumios,
saúdes ás estrelas polo seu nome,
e saibas o das flores todas,
dá a volta...
eu estou a agardar por ti.




Una cajita de música
tiene mamá,
gira sonando.

Na - na - na
na - na - na ...

El caballito gira
y galopa,
vueltas va dando.

Ca - ta - ca

ca - ta - ca ...

Vuela caballito blanco.


15.1.08

Resistencia




Xa estamos no inverno,

pero en Sésamo parece renacer a primavera.

30.11.07

Torre de Hércules





José Canosa López
1954



Háiche na Coruña
unha torre xigante
que data dos tempos
daquel Xerión,
eu como emigrante
marcheime da Cruña
e xuro que a levo no meu corazón.


Adeus Torre da Cruña,
lévote no corazón
marcho para outras terras
e non sei nin como son.
Resplandor que alumbrache
con cariño sen igual
a todos os emigrantes
que te deixamos quedar.



Ai Torre , Torre da Cruña, Torre,
Torre do meu corazón...
Ai Torre, ai Torre,
Ai
Torre, Torre da Cruña.

Eu non sei que teñen
as rúas da Cruña,
desde que ensancharon
aqueles Cantóns,
con Copacabana e con
Xoana de Vega,
non che vin no mundo
outra cousa mellor.

Ai
Torre, Torre da Cruña, Torre,
Torre do meu corazón...
Ai Torre, ai Torre,
Ai Torre, Torre da Cruña.




23.5.07

Tus manos

Tus manos que son encuentro,
no me falten, no me falten.

Tus ojos que son luceros,
no se apaguen, no se apaguen.

Virxe de Pastoriza, a da cariña branca




Que bonita, que galana!
A Virxe de Pastoriza
a da cariña branca.

A pedir suben romeiros
ao teu berce, por te ver.
Sabes ben das súas penas,
sabes ben do seu querer.

Esta manciña, esta perna,
axúdame, pomba dourada,
este meu fillo querido,
axúdanos Virxe amada.

E que nai non da aos fillos
o que aínde ela non ten?
Subirei no San Miguel
unha e outra vez...

Nai que coa miña estás no ceo,
tan bonita, tan galana,
Virxe de Pastoriza.
a da cariña branca!



Ai meu amor!




Ai meu amor!
Onde van as augas verdes,
as augas verdes onde van?

Ai meu amor!
Onde irán as augas verdes,
as augas verdes onde irán?

Comestas polo preto están
as nosas augas de esmeralda,
as bravas augas da mar Ártabra.

Ai meu amor!
Esas nosas augas volverán
cando a longa noite pase,
volverán ao noso mar as esmeraldas.

Cantareiras

Cantareiras do verde millo,
esfolladoras de augas verdes,
esfolladoras de verdes augas,
esfollai o verde mar,
esfollai o meu mar ben.
O meu verde mar,
de sangue negro tinguido,
no preto sangue afogado,
zume de graxa e noxo
dende un gran ventre deitando,
vai parindo fame tristeira
con berros da desesperanza
dos soños da leiteira.


oooooooooooooo


Ondiñas veñen...
enloitadas, pintando o mar.

Ondiñas van,
limpas, gracias ás fortes mans.

Ondiñas veñen...
palabras que nada din.

Ondiñas van...
berrando, ¡nunca máis!

Ondiñas veñen...
eu non fun , eu non fun...

Ondiñas van,
Fuches ti, fuches ti...

Ondiñas veñen,
Nunca máis, nunca máis...

Ondiñas van,
Nunca máis, nunca máis...

S.O.S.
Homes, mulleres,
vellas e vellos,
mozos e mozas,
nenos, nenas…
a berrar estremecidos.

Ondiñas veñen e van
matando o noso mar
ondiñas veñen e van...