Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes. Mostrar todas las entradas

31.8.09

Varsovia





E hai unha Varsovia moderna e animosa que rompe a andar cara o futuro...

29.8.09

Paseo por Varsovia









Unha Varsovia, nova e vella á vez, con grandes prazas, parques e avenidas, rúas estreitas, cores e músicas, con miudezas fermosas por descubrir.
Espazos abertos nos que os ollos andan de vagar mesmo ata o infinito. Sorprende tamén esta liberdade.

Na praza



Hai unha Varsovia antiga, reconstruída, con interesantes monumentos e edificios. 


A cadrangular Praza do Mercado, arrodeada de casas multicolores reconstruídas despois da guerra  e presidida pola Serea paseamos os visitantes con agrado e ela viven as pombas que alleas ao tempo, andan ao seu.


28.8.09

Gueto





Á tardiña, estabamos a descansar nun fermoso parque, queriamos ver a  lembranza do muro que estaría perto de nós e nono situabamos.

Votamos a andar e unhas árbores non querían deixar ver o inesquecible.





 

Varsovia









 




Unha primeira ollada doe, mesmo coma unha labazada na alma. Tantas cousas imaxinadas, as lecturas, os documentais, o cine...
Todo está aquí, neste pequeno paseo iniciático, coma un despertador, miro con ollos despertos mesmo na noite, sabía que sentiría esto, o cravo fondamente cravado, que non debe ser arrincado nunca, nunca máis.

Polonia




Unha pequena viaxe a Polonia, fermoso país que sabe dicir moitas cousas ao corazón.

As medidas dun vagón de tren... punto de partida.