8.10.06

Proxecto Ponte dos Brozos




Agradezo a invitación feita pola Fundación Amancio Ortega, patrocinadora do Proxecto Ponte dos Brozos, para asistir a este Congreso.

O meu agradecemento tamén por responder positivamente á miña demanda de un equipo informático para facilitar o proceso de aprendizaxe dos alumnos/as con dificultades académicas.

Esta utilización das TIC, durante tres cursos (2003 - 2006) na Aula de Apoio do I.E.S. de Pastoriza, fixo posible a consecución de obxectivos que de outro xeito non poderían ser acadados.

Diálogo de castigados


Margarita González Varela
C.E.I.P. Ponte dos Brozos
Arteixo - A Coruña


Diálogo de castigados: Unha experiencia de Animación á Lectura en Power Point


Margarita González, que ama profundamente o teatro, levou a cabo na súa aula un reto, a implicación dos seus alumnos nese amor, do libro "Lecturas dialogadas" de Elvira Menéndez escolleu o "Diálogo de Castigados" pola suxerencia do título e o seu contido.

Os seus alumnos/as saben ben ese Diálogo de Castigados pois as súas posibilidades de destacar ante o grupo de referencia, son ben limitadas.

E conseguíuno, participaron no proceso creativo mesmo en tempo de lecer e acadaron o "éxito" perseguido, ao lles presentar o traballo aos compañeiros, e favoreceu o seu crecemento persoal.

6.10.06

Infopitágoras



José María Álvarez
Virginia Bertomeu
Alfonso Terol
José Luis Gómez
Alicante
Infopitágoras: unha solución para os programas individuais de aprendizaxe

O programa Infopitágoras permite a elaboración de libros de texto personalizados. O portal ten unha zona pública e outra privada.
En PLATEA podemos atopar actividades por áreas para E.P. E.S.O. e n.e.e.
TAmén programas específicos para diágnostico de alumnos/as, e deseño de actividades ou seleccionalas de un listado, para poder facer un "caderno" de traballo persoal.

Intelixencia Artificial



Manuela Torres Díez
Centro de Terapia Fonos- Salud
Elche - Alicante


"Cognitiva Lectoescritura. Aplicación informática I.A. (Intelixencia Artificial) multimedia como recurso para a atención á diversidade"

O proxecto Cognitiva elaborado por un equipo multidisciplinar de profesionais en soporte informático que permite facilitar a tarea docente con criterios de flexibilidade, utilidade, accesibilide e permite un manexo sinxelo.

O proceso específico Cognitiva PT, está ideado para conquerir una rehablitación integradora tendo en conta os procesos cognitivos máis significativos descritos no modelo teórico.

Os procesos da lectoescritura presentados no programa son os seguintes:
.procesos perceptivos visuais
.procesos perceptivos auditivo-verbais
.procesos fonolóxicos
.conciencia fonolóxica
.procesos léxicos
.procesos sintácticos
.procesos semánticos

O programa inclúe actividades orientadas á consecución dos obxectivos e intenta facilitar en todo momento a tarefa do profesorado que poderá xestionar as súas propias actividades a partir dunha pequena axuda totalmente accesible.

5.10.06

Bitácoras

Julio Ruiz Palmero
José Sánchez Rodríguez
Universidad de Málaga

"Empleo das weblogs para a publicación en Internet: posibilidades na aula"

Explican os ponentes que á necesidade do profesorado de adaptarse ás novas tecnoloxías deu paso ao nacemento das blogs de aula, ben para a publicación de experiencias ou para o contacto profesional.
Teñen recollidas bitácoras que seven de enlace entre alumnos nos momentos crítícos de pasaren de eI a EP, de EP a ESO o que facilita a súa integración ás veces problemática.
Supoñen tamen un reto de colaboración e competición, evitan a frustación e favorecen a motivación dos alumnos/as.
Podemos ver interesantes exemplos en:

4.10.06

Xogos educativos para móbiles

Isabel Díaz
Fundación para a Integración de Discapacidades
Luis Mas
Afanias
María Jesús Martín Muñoz e Lucía Arias Lanero
Telefónica Moviles
José Luis Bascones
Instituto de Apoyo Empresarial
Enrique Marcote
Nomasystems, s.l.
Madrid
"Xogos interactivos para teléfonos Móbles"

"A todos nos gusta y nos divierte,
hagámoslo bien"

Os ponentes explican que os contidos dos xogos en móbil deben estaren adaptados a todo tipo de discapacidades, incluídas as intelectuais, que poidan afectar ás persoas maiores.
Neste contexto, entenden o móbil como unha ferramenta máis de diversión con efectos positivos e negativos dependendo da utilización que se lle dea.
Pode haber unha utilización positiva, está por explorar a utilidade de video sobre o uso de xogos educativos no móbil.
Presentan unha experiencia de un xogo realizado con nenos de nee consistente na busca das letras que forman unha palabra, para o que o xogador deberá evitar os perigos.
"
tienes que buscar ABEJA y entonces te salen bichos y cosas así..."

Pódense descargar gratuitamente en emocion de Movistar, hai un proxecto de lanzamento para a utilización en PC.
Tamén os podemos atopar non gratuitos en:
O dominio n4 indica o protocolo de navegación fácil e accesible, constantemente renovado.
Equipo interdisciplinar apoiado por Telefónica.

Historias sociais

Juan Antonio Sotomayor Coll
CPEE de nenos autistas Las Boqueras
Murcia


"Un portal educativo como medio de difusión e apoio ao uso das historias sociais e material analóxico no traballo con nenos con trastornos xerais de desarrollo"

Juan Antonio Sotomayor explica os contidos que debe ter un portal educativo para a súa utilidade nun centro educarivo.
Debería constar de:
.fondos bibliográficos do centro que poderían ser en PDF
.materias impresos: actividades, profesorado, orientación a pais/nais
.mateiras didácticos: experiencias propias do centro, material de apoio á lectoescritura
-enlaces: a Webs recomendadas
O proceso de lectoescritura levará implícito o manexo da escrita e tamén a utilización do ordenador nas produccións propias.
Sotomayor defende a utilización de Historias sociais para solucionar problemas de autoestima, autonomía e reconducción de conductas.
O estímulo "Eu traballo solo" evitará a posibilidade de bloqueo do/a alumno/a ante un erro, sexa ou non de NEE.
Este tipo de historias, recomenda que deben:
.constar de oracións sinxelas
.estaren redactadas en condicional
Esto permitirá a mellor comprensión por parte do alumno/a que poderá contribuír na redaccion das respostas.

E-reading



Elena Mª Díaz Pareja
Juana María Ortega Tudela
Universidad de Jaén

"E-reaing no marco da atención á diversidade"

A utilización de textos enriquecidos, esto é presentado con hipervínculos aclaratorios de vocabulario e dificultades permite unha aprendizaxe máis significativa para o alumno/a.
Enlace que permite a creación de textos enriquecidos:

Tamén é interesante:

Cantaletras 2.0


Ricardo Rosas
Paulina Contreras
Pontificia Universidad Católica
Chile


"Cantaletras 2.0 Sistema Multimedia para o apoio á lectoescritura de nenos/as cegos/as"

Ricardo Rosas explica as posibilidades do programa que permite a exploración de letras e números no teclado, a execución de dictados ao tacto, mediante sons, fonemas, palabras, e frases.

Tamén consta de actividades para adquisición de vocabulario e de ampliación.
Para descargar o programa:

Axilidade lectora


Mª Carmen Fernández Rodríguez
Fernando Moreno González
C.E.I.P. Ponte dos Brozos
Arteixo - A Coruña


"Adquisición da axilidade lectora con medios interactivos multimedia"


Mª Carmen González presenta a experiencia levada a cabo na súa aula.
Trátase dun traballo realizado en Neobook que permite aos alumnos/as superar as dificultades lectoras e favorecer a súa autoestima ao recoñecer a súa propia voz dentro do programa, tamén contan con enlaces a actividades personalizadas.
Salienta tamén a facilidade do traballo ao contar cos medios técnicos axeitados.

Ponte dos Brozos



Mª Carmen Fernández Rodríguez
Fernando Moreno González
C.E.I.P. Ponte dos Brozos
Arteixo - A Coruña


Fernando Moreno comeza explicando as características do Centro e o que supuxo a incorporación ao "Proxecto Ponte dos Brozos" que permite ordenadorews fixos con conexión a Internet en tódalas aulas e unha batería de portátiles a disposición de todo alumnado cando sexa preciso.
Comenta tamén que no I.E.S de Pastoriza e no de Sabón, os alumnos/as teñen ordenadores portátiles en propiedade mediante un sistema de subvencións.
A avaliación positiva do Proxecto deu xa este curso os seus froitos no IES de Sabón, pois os alumnos/as acadaron as mellores notas nas probas de Selectividade.

Proxecto Aprender


Francisco Jesús García Ponce
Coordinador do Proxecto Aprender (NN.EE)
Ministerio de Educación y Ciencia
Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa


"Creación de obxectos dixitais para a Educación Especial:
Proxecto Aprender"


O ponente presenta o Proxecto Aprender, enmarcado no plan INFO 21, ao que podemos accede e baixar a través de Educamadrid de xeito gratuito:

A páxina de acceso ao proxecto en inglés inclúe programas sobre discapacidade visual:

O enlace en español:

Discapacidades visuais


Elena Gaston López
ONCE Dirección Educación
Grupo ACCEDO


A ponente comeza dicindo que as características do 90% dos alumnos/as da escola inclusiva son diferentes.
A porcentaxe das ferramentas informáticas inaccesibles para os alumnos/as con discapacidades visuais, tamén é se estima nun 90 %, polo que de entrada parten dunha desigualdade para acceder ás mesmas oportunidades.
Desigualdades que poderían paliar coa utilización de tabletas dixitalizadoras -como as que utilizan os deseñadores gráficos-, magnificadores, pantallas almofadas...
Todo eso conleva un compromiso e a implicación das institucións e do goberno. Compre tamén a formación profesional en tecnoloxía para mellorar a accesibilidade, deseño e porgramas adaptados.

2.10.06

As Tic na Escola Inclusiva: novos escenarios, novas oportunidades



José Carlos Martín Portal
Centro Estatal de Autonomía y ayudas técnicas (CEAPAT
)

“Elementos a considerar para garantizar o acceso ás novas tecnologías nos centros educativos”

José Carlos Martín expuso que é necesario que á igualdade promovida na Lei de Educación compre a igualdade de oportunidades, polo que se necesitan aumentar a accesibilidade mediante a:
.falta de competencia do usuario
.falta de aceptación: a evidencia pode levar ao rexeitamento
-falta de axuda necesaria para as súas necesidades.

Asemade, falou de diferentes recursos que poden ser útiles pero que fundamentalmente están en inglés.
Entre o pouco que hai en castelán cita:
Sistema Albor
, pero ten o inconvinte de que é on line:
Podemos acceder a algunha aplicación mediante Educamadrid
A través da seguinte dirección podemos acceder a unha páxina de programación:

Ponencia inaugural


A pesar de que las Tecnologías agrave
las diferencias históricas no podemos olvidarla para el avance...


A Ponencia inaugural do 4º CongresoTecnoneet baixo o lema “As Tecnoloxías na Escola Inclusiva, novos escenarios, novas realidades, estivo a cargo de Antonio Rodríguez de las Heras, catedrático de Historia Contemporánea e director do Instituro de Cultura e Tecnoloxía da Universidade Carlos III de Madrid.

Baixo o epígrafe “Principios de unha sociedade do coñecemnto”, Rodríguez de las Heras sinolou os cambios que están a se produciren na sociedade actual no camiño que nos levará a Sociedade do Coñecemento, os procesos a seguir para ese cambio no que nos obligara a aprender a “metabolizar” toda a información que estamos a recibir.

Esta adaptación aos cambios da imparable sociedade da Tecnoloxía nos levará a imevitabel crise que nos obligará a adaptación aos cambios para sobrevivir
.

1.10.06

Congreso Tecnoneet - ciiee 2006

4º Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (tecnoneet)
6º Congreso Iberoamericano de Informática Educativa Especial (ciiee)

As tecnoloxías na Escola Inclusiva: novos escenários novas, oportunidades.

Auditorio e Centro de Congresos "Víctor Villegas"
Murcia (España)
28, 29 e 30 de septembro de 2006