30.11.07

Torre de Hércules





José Canosa López
1954



Háiche na Coruña
unha torre xigante
que data dos tempos
daquel Xerión,
eu como emigrante
marcheime da Cruña
e xuro que a levo no meu corazón.


Adeus Torre da Cruña,
lévote no corazón
marcho para outras terras
e non sei nin como son.
Resplandor que alumbrache
con cariño sen igual
a todos os emigrantes
que te deixamos quedar.



Ai Torre , Torre da Cruña, Torre,
Torre do meu corazón...
Ai Torre, ai Torre,
Ai
Torre, Torre da Cruña.

Eu non sei que teñen
as rúas da Cruña,
desde que ensancharon
aqueles Cantóns,
con Copacabana e con
Xoana de Vega,
non che vin no mundo
outra cousa mellor.

Ai
Torre, Torre da Cruña, Torre,
Torre do meu corazón...
Ai Torre, ai Torre,
Ai Torre, Torre da Cruña.




23.5.07

Tus manos

Tus manos que son encuentro,
no me falten, no me falten.

Tus ojos que son luceros,
no se apaguen, no se apaguen.

Virxe de Pastoriza, a da cariña branca




Que bonita, que galana!
A Virxe de Pastoriza
a da cariña branca.

A pedir suben romeiros
ao teu berce, por te ver.
Sabes ben das súas penas,
sabes ben do seu querer.

Esta manciña, esta perna,
axúdame, pomba dourada,
este meu fillo querido,
axúdanos Virxe amada.

E que nai non da aos fillos
o que aínde ela non ten?
Subirei no San Miguel
unha e outra vez...

Nai que coa miña estás no ceo,
tan bonita, tan galana,
Virxe de Pastoriza.
a da cariña branca!



Ai meu amor!




Ai meu amor!
Onde van as augas verdes,
as augas verdes onde van?

Ai meu amor!
Onde irán as augas verdes,
as augas verdes onde irán?

Comestas polo preto están
as nosas augas de esmeralda,
as bravas augas da mar Ártabra.

Ai meu amor!
Esas nosas augas volverán
cando a longa noite pase,
volverán ao noso mar as esmeraldas.

Cantareiras

Cantareiras do verde millo,
esfolladoras de augas verdes,
esfolladoras de verdes augas,
esfollai o verde mar,
esfollai o meu mar ben.
O meu verde mar,
de sangue negro tinguido,
no preto sangue afogado,
zume de graxa e noxo
dende un gran ventre deitando,
vai parindo fame tristeira
con berros da desesperanza
dos soños da leiteira.


oooooooooooooo


Ondiñas veñen...
enloitadas, pintando o mar.

Ondiñas van,
limpas, gracias ás fortes mans.

Ondiñas veñen...
palabras que nada din.

Ondiñas van...
berrando, ¡nunca máis!

Ondiñas veñen...
eu non fun , eu non fun...

Ondiñas van,
Fuches ti, fuches ti...

Ondiñas veñen,
Nunca máis, nunca máis...

Ondiñas van,
Nunca máis, nunca máis...

S.O.S.
Homes, mulleres,
vellas e vellos,
mozos e mozas,
nenos, nenas…
a berrar estremecidos.

Ondiñas veñen e van
matando o noso mar
ondiñas veñen e van...

Negra noite


Prestige,
Exeo,

Urquiola.

ennegrecendo o día.

Exeo,
Prestige,

Urquiola.

Lume no mar,
lapas de sangue.

Urquiola,
Exeo,
Prestige...


noite pecha,
negra noite no mediodía.

22.5.07

Iria


Iria olliños de mel

que todo queren ver.



Moreniña de Baldaio

que eres tí máis linda

que un caravel.



Iria ten un aquel

que todos quererían ter.



Moreniña de Baldaio

que eres tí máis linda

que un caravel.

Dunas

Barrañán
de fortes mareas e vento recho.


Barrañán
de escume áureo pintando as ondas.

Barrañán
donoso area berce de dunas.

No infinito


As ondas do mar bravío
agarimoso son,
os lixeiros pés amantes


bicando a area,


e no infinito o sol.

Salitre



Arrecendo de salitre
no ar i en nós.

Mais o mar, que vén e vai
batendo os cons,
celme de sal.

Pegadas

As nosas pegadas na morna area,
vieiros efímeros,
Mais o mar que vén e vai
é bico eterno
dende a noite dos tempos.

11 de mayo




Era la reina del baile,
él la miró y fue al encuentro
de aquellos ojos de cielo.

No acertó ni a decir, ¿quieres...?

Sonrió la reina adelantando el paso,
y llegó la música hasta el cielo.

¿Oís los latidos hechos valses?

Arrecendo

Arrecende a terra mollada,
morna terra verde, amada,

terra antiga, salgada,
por flores de escume sementada.

Doce terra verde agarimosa,
verde terra forte e brava,
feita de flores e ramas
feita de espiñas de toxos e rosas..

Verde terra amada
terra dos mil verdes, repousada,
desperta e fala.

Chuvia




E a chuvia cae e trona,

trae a vida nova que agroma.


A chuvia pinga no meu corazón

e o meu ceo pinta de color.

Soedade


A miña soedade
non é so miña,

está feita con milleiros de puntiños
no infinito.

A miña soedade
acompañada en milleiros
de camiños concurridos,
singularidade.

A miña soedade
chea de soños acompañados,
feita de escume
na solitude.


000


Os paxaros da noite vanse,

vanse os paxaros da noite meu amor, vanse...

Eu tiña feito un niño de plata
penduraban del centos de bolboretiñas blancas.



O meu corazón feito de soños
estremece, non comprende.

O meu corazón feito de nubes
Esvaece…



000



Feito de nubes, amor,
fixen un niño,
feito de nubes, amor,
e tiven frio.

Feito de flores, amor,
fixen un berce,
feito de flores, amor,
e arrecende.


000


Eu era unha folliña verde
e alá polo mes de abril
gustábame sentir ao vento
bailar arredor de min.

Agora o vento me leva…





Melodía

Amarelo,
laranxa,
vermello incandescente...

do - re - mi
mi - fa- sol

melodía envolvente

co - ra - zón
meu - a - mor

quérote eternamente.

Arde o lume




Arde o lume na lareira e canta,
asubíos garimosos que me chaman.

Baila lume o cantar harmonioso
sube e canta doces melodías.

As cousas sinxelas e pequenas
que fan grande a vida.

Vaites, vaites...

Vaites chuvia
que espero ao meu amigo.


Vaites vento
que agardo ao meu amado.

Vén sol
co meu amigo no corazón.

Vén paxariño
que para o meu amado
fixen un niño.

San Agustín




A lúa
pendurada no ceo,
pano de ouro.


As torres
do concello rompen a noite,

pano de bronce.

As campás
de San Xurxo recortadas,
pano de pedra.

A túa man
na miña, luar eterno,
pano de amor.

4.3.07

Infancia


Arre cabaliño...!

o aire bica o meu rostro,

os cabelos ao vento,

mentras eu galopo

pola cincenta pradeira

do Relleno...


Ao fondo, mentras,

o vello Curros sorrí

no seu monte granítico

recoñecendo soños,

chíscame un ollo:

Avanti!