22.5.07

San Agustín




A lúa
pendurada no ceo,
pano de ouro.


As torres
do concello rompen a noite,

pano de bronce.

As campás
de San Xurxo recortadas,
pano de pedra.

A túa man
na miña, luar eterno,
pano de amor.