25.11.06

A miña roseira



O vello salgueiro, canso e murcho


toda a súa forza concentraba


en vivir naquela póla, mais a vida escapaba.



A vella roseira namorada,


unha rosiña branca cada día


ao seu amado, delicada, ofrecía.



As murchas folliñas despertaban


reidoras, vivindo con forzas novas


estirábanse por acariñas ao seu amado.



Tronou a motoserra e fendeu o silencio,


rompendo o tempo dos namorados,


o salgueiro ao se sentir ferido


quixo unha derradeira aperta, revivido,


ela estremecida, quixo salvalo.



Teceron as súas follas, caendo xuntos


ao chan, ámbolos dous amantes,


alí cinguidos nunha eterna aperta triunfante.

Media ducia


Media ducia

amor,

media ducia de flores,

para ti

escollín á noitiña.

Nelas van meus amores,

nelas van meus quereres,

para ti

escollínnas todas.

Nin máis había,

nin mellores.

Melodía do lume



Amarelo,


laranxa,


vermello incandescente.



Do - re - mi


mi - fa - sol ...


melodía envolvente.



Co - ra- zón


meu - a - mor ...


quérote etenamente.

Barrañán


Barrañán
de fortes mareas
e vento recio.

Barrañán
de escume áureo
pintando as ondas.

Barrañán
donosa area
berce das dunas.

Bolboretas


"Plus bleu que le bleue de tes yeux,

je ne vois rien de mieux.

Même le bleu des cieux."




Vanse os paxaros da noite


meu amor, vanse...



Eu tiña feito un niño de prata,


penduraban del, centos


de bolboretiñas brancas.

Azul infindo


No azul,
infindo ultramar sorrindo.
Ledicia!

E no mar,
zume verde de terra e millo.
Ausencia!

18.11.06

Himno á Virxe de Pastoriza


A Carme de Amelia
que nos levou da man.



Somos peregrinos ante o teu altar,
pombiña dourada, para te implorar.

Rosiña de pedra
de doce mirar,
Señora da terra,
Raíña do mar,
Pastoriza nosa!

Vimos os romeiros de moitos lugares,
buscando consolo de tantos pesares.

Mediadora amada do pai celestial,
a súa bondade queremos lograr.

Señora da terra,
Raíña do mar.
Pastoriza nosa!

Estrela lucente, Nai do Salvador,
es luz e camiño de entrega e de amor.

Volvemos ditosos por montes e vales,
cantando louvanzas das súas bondades.

Señora da terra,
Raíña do mar,
Pastoriza nosa!
Pastoriza nosa!

Letra: Manuela Canosa Rabuñal
Música: Ramiro Suárez Gómez

Jazz no corazón


Nun niño de pensamentos
durme para sempre
o meu corazón.

Barrañán!



Buscádeme na beiramar
alí, entre os canavais
e as dunas mutantes,
onde o sol recio e forte
rí brincando nas vagas.


Seguide as miñas pegadas
lenes, na morna area,
efímeras, errantes,
alí, onde as ondas cantan...

Ba-rra-ñán!

8.11.06

Manuel Lugris Freire





2006 Ano de Lugrís





Noitebras






Esas noites sin lúa
envoltas en trebón d' escura brétema,
sin que no, ceo, brile
nin siquera unha estrela;








Esas son en Galicia
as chamadas Noitebras.









Manuel Lugrís Freire




















A piques de rematar o ano de Lugrís, estamos a coñecer a poeta María Mariño Carou, que será homenaxeada no 2007 co Día das Letras, a terceira muller (antes Rosalía, Francisca Herrera) en recibir esta homenaxe, está a me admirar coa súa fondura, ten tamén como Lugrís, as súas noitebras:
"Crucei o mar da Marola e faloume no seu són,
faloume aberto en voz sonora
e ritmo forte"

Maio vai cantar e florecer por mil pirmaveras máis...