Mostrando entradas con la etiqueta Sésamo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sésamo. Mostrar todas las entradas

28.12.12

Inverno

                                             Estamos no inverno,                                 
                                 pero no monte resíste a primavera.

22.1.08

Velo blanco en el Xalo






Tras los cristales
el Xalo viste
un fino velo blanco,
llueve.



Miles de gotas minimas
Invisibles
flotando en el aire
¿Llueve?



No sé si es este momento
siquiera
alcancen el suelo,
mas presiento
la lluvia invisible



¡Huele!

21.1.08

Morno sol tempraneiro


E nas vellas roseiras de Sésamo,
as vermellas rosas sorrín
ao morno sol tempraneiro do inverno
que está a petar na porta.

16.1.08

Cantarela de maio






Maio, maio,
cariña de rosa,
maio, maio,
vén á miña porta.

Aí ven o maio
lindo e florido,
aí ven o maio
andando miudiño.

Maio, maio
rosiña encarnada,
maio, maio,
leva a namorada.

Aí ven o maio
ven polo camiño,
aí ven o maio
trae ao meu amigo.

Maio, maio
de fortes recendos,
maio, maio,
de amores feitos.

Aí ven o maio,
ven pola ribeira,
aí ven o maio
cantando na festa.

15.1.08

Resistencia




Xa estamos no inverno,

pero en Sésamo parece renacer a primavera.

25.11.06

A miña roseira



O vello salgueiro, canso e murcho


toda a súa forza concentraba


en vivir naquela póla, mais a vida escapaba.



A vella roseira namorada,


unha rosiña branca cada día


ao seu amado, delicada, ofrecía.



As murchas folliñas despertaban


reidoras, vivindo con forzas novas


estirábanse por acariñas ao seu amado.



Tronou a motoserra e fendeu o silencio,


rompendo o tempo dos namorados,


o salgueiro ao se sentir ferido


quixo unha derradeira aperta, revivido,


ela estremecida, quixo salvalo.



Teceron as súas follas, caendo xuntos


ao chan, ámbolos dous amantes,


alí cinguidos nunha eterna aperta triunfante.

Media ducia


Media ducia

amor,

media ducia de flores,

para ti

escollín á noitiña.

Nelas van meus amores,

nelas van meus quereres,

para ti

escollínnas todas.

Nin máis había,

nin mellores.