22.5.07
Soedade
A miña soedade
non é so miña,
está feita con milleiros de puntiños
no infinito.
A miña soedade
acompañada en milleiros
de camiños concurridos,
singularidade.
A miña soedade
chea de soños acompañados,
feita de escume
na solitude.
000
Os paxaros da noite vanse,
vanse os paxaros da noite meu amor, vanse...
Eu tiña feito un niño de plata
penduraban del centos de bolboretiñas blancas.
O meu corazón feito de soños
estremece, non comprende.
O meu corazón feito de nubes
Esvaece…
000
Feito de nubes, amor,
fixen un niño,
feito de nubes, amor,
e tiven frio.
Feito de flores, amor,
fixen un berce,
feito de flores, amor,
e arrecende.
000
Eu era unha folliña verde
e alá polo mes de abril
gustábame sentir ao vento
bailar arredor de min.
Agora o vento me leva…