8.10.06

Diálogo de castigados


Margarita González Varela
C.E.I.P. Ponte dos Brozos
Arteixo - A Coruña


Diálogo de castigados: Unha experiencia de Animación á Lectura en Power Point


Margarita González, que ama profundamente o teatro, levou a cabo na súa aula un reto, a implicación dos seus alumnos nese amor, do libro "Lecturas dialogadas" de Elvira Menéndez escolleu o "Diálogo de Castigados" pola suxerencia do título e o seu contido.

Os seus alumnos/as saben ben ese Diálogo de Castigados pois as súas posibilidades de destacar ante o grupo de referencia, son ben limitadas.

E conseguíuno, participaron no proceso creativo mesmo en tempo de lecer e acadaron o "éxito" perseguido, ao lles presentar o traballo aos compañeiros, e favoreceu o seu crecemento persoal.