5.10.09

Cantando como as chicharras...


Para quen pasou pola vida
cantando ao sol
e buscando o norte na Cruz do Sur,
repartindo sorrisos.

Para tí, saudosa amiga,
que iluminache o meu corazón
na orfa noitebra.

Dende o camiño das estrelas.
Mercedes, cantas,
lucente para sempre.
o teu canto de esperanza.