Cantiga de amor que trouxo o Orzán
Miñas donas, meus señores,
aquí estamos neste día,
por celebrar os amores
que as ondas do Orzán traían.
Torre morena a doncella,
o galán romeu florido...
As ondas do Orzán levaban
as ondas do Orzán traían.
Naceron fondos amores,
naquelas augas bravías
fixeron trenzas as algas
que ninguén desataría.
As ondas do Orzán levaban,
as ondas do Orzán traían.
Alá no alto de Elviña,
unha estreliña pendura
nesta fermosa noitiña,
por bendicir os amores...
Que as ondas do Orzán traían.
As ondas do Orzán levaban,
as ondas do Orzán traían.
Para o 12 de San Xoán do Ano de Josema e Montse