2.2.15

Lembranzas

Ao pasar por Panadeiras, 
pasei cantando,
as nenas de Panadeiras
quedan na rúa xogando.

O que pasa Panadeiras
pasa A Coruña toda, 
por ver dende os Pelamios
xogar o mar coa Marola.

Ao pasar por Panadeiras,
pasei cantando,
as nenas de Panadeiras
quedan na rúa bailando.


.... o ...


Baixei de Cartuchos
canda meu amor. 
baixei de Cartuchos
ata a rúa Real

Por ir meu amor, 
collidos da man,
dende Cartuchos
toda á rúa Real.


... o ...