O tépedo ar
doura os rostros
coma outrora.
As farturentas
terras das ribeiras
resprandecen de vida.
Unha faluca escribe
versos sobor das
vellas augas
do vello pai Nilo.
A miña man
sinte a súa anterga
humidade,
coma tantas outrora.